Os días 15, 16 e 17 de Marzo tivo lugar en Illescas, Toledo, o IV Encontro de Mulleres Adictas en Rehabilitación e Familiares. A Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Vilagarcía de Arousa, AREVA, acudiu a este evento acompañado de enferm@s alcohólic@s das asociacións ADIANTE das Pontes, AISA de Santiago de Compostela e a Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia.
Unha experiencia moi positiva en todos os aspectos, convivencia, intercambio de vivencias e testemuños, aprendizaxe para a nosa recuperación, etc….
Actividades como esta son as que nos lembran que non estamos sós, que somos un colectivo ao que hai que dar visibilidade e que co que achega cada un podemos axudar a máis persoas que se atopan na mesma situación que nós antes de dar o primeiro paso, o recoñecemento da enfermidade e comezar a nosa rehabilitación.
Queremos agradecer a tod@s l@s que fixeron posible este evento, ás persoas que nos acompañaron e animar ao resto de enferm@s alcohólic@s das demais asociacións para participar neste tipo de eventos que favorecen a nosa rehabilitación.
XUNTOS é máis fácil facernos visibles, informar que estamos aí para axudar no posible, que HAY SAÍDA e que XUNTOS PODEMOS.
Foi un pracer haber compartido con tod@s vos esta experiencia.
Grazas.