Asociación de Axuda ao Enferm@ Alcohólic@ e Familiares
¿ Quén somos ?…
AREVA é unha Asociación sen ánimo de lucro encamiñada á rehabilitación e promoción d@s enferm@s alcohólic@s e ó apoio ós seus familiares.
A asociación AREVA, naceu a primeiros do ano 2004, da man dun grupo de enfermos alcohólicos en abstinencia que apreciaron e sentiron a necesidade de crear un dispositivo específico que brinde apoio a todas aquelas persoas que están a padecer a causa do alcoholismo, ben sexa coma enfermos ou ben coma familiares.

¿ Qué facemos?…
O traballo de AREVA non queda únicamente na labor rehabilitadora e de reinserción.
Esta asociación a través de xornadas, campañas informativas, e mediante a divulgación de trípticos e documentos análogos, pretende chegar á sociedade concienciando a tódolos seus membros acerca das graves consecuencias do alcoholismo, tanto na esfera física, coma na psicolóxica, familiar, laboral e social.

Infórmate…

Algunhas das nosas actividades
Para poder entender con maior obxectividade e claridade a ENFERMIDADE ALCOHÓLICA, debemos previamente comprender porqué se chega a depender do alcol, apartando as ideas de vicio, inmoralidade, perversión, etc., que etiqueta parte da sociedade por descoñecemento desta enfermidade á maior parte das persoas con problemas de bebida.
Ninguén esta libre de ser enganchado no inferno do alcoholismo se consome alcol.
Un problema común na nosa sociedade é que se chega á adicción ao alcol sen ser consciente dela.
Os hábitos do día a día poden enmascarar o inicio dunha adicción, o que dificulta actuar a tempo. Detectar o alcoholismo e darlle o seu tratamento adecuado é clave para minimizar os danos funcionais. Unha opción de tratamento de grande efectividade son os grupos de autoaxuda como AREVA. Estes grupos se basean no apoio mutuo e incondicional, ademais de traballar baixo unha estrita confidencialidade, sendo @s propi@s enferm@s alcohólic@s os que, mediante o seu intercambio de experiencias traballan alternativas de resposta ás situacións de risco.