A.R.E.V.A.

¿Quen somos?

AREVA é unha asociación sen ánimo de lucro, cuxo principal obxectivo é ofrecer a súa axuda a enfermos alcohólicos para a súa rehabilitación, así como aos seus familiares.

Fíns

A rehabilitación e apoio a enfermos alcohólicos e os seus familiares.
Desenvolver e defender os dereitos dos enfermos alcohólicos.
Promocionar e apoiar os grupos de enfermos alcohólicos e os seus familiares.
Promover as relacións e o intercambio entre os asociados, así coma con outras asociacións.
Informar a sociedade en xeral sobre os efectos negativos do consumo de alcol.

Axuda

Levamos a cabo terapia de grupo dúas veces por semana. Unha coordinada por un@ Psicólog@ e outra por unha enfermeira terapeuta. Ambos cunha ampla experiencia na enfermidade alcohólica.

Tamén terapias individuais se o enfermo precísao.

ÚLTIMAS ENTRADAS

Síntomas do alcoholismo

Tags : 

Estes son algúns dos síntomas máis comúns que poden axudarche a identificar se unha persoa está a desenvolver unha adicción ao alcol e poidas proporcionarlle a axuda que necesita canto antes: Falta de autocontrol: Un dos síntomas claros do desenvolvemento do alcoholismo dunha persoa é a falta de control cando se bebe alcol. Esta falta…

Ler máis...

O alcol e os seus efectos.

Tags : 

Parece que non nos vai a pasar nada por tomar unhas cervexas ou uns cubalibres. O efecto dunha ou dúas cervexas non parece ser nada que teña que preocuparnos porque o seu efecto dilúese no tempo que tardamos en tomalas e non parece que cause efectos no noso corpo, aínda que a realidade é outra…

Ler máis...
A %d blogueros les gusta esto: